En función do nivel do alumno ofrécese unha formación especializada que permita acadar o nivel de formación solicitado, tanto para as persoas como as empresas, para que deste xeito melloren o desempeño no posto de traballo.
Cómo face-los cursos: Para pedir información, solicitar un presuposto ou participar nun curso, é necesario poñerse en contacto co centro mediante chamada telefónica ó 981 36 40 10 ou presencia no centro. Tamén é posible por correo electrónico mediante a seguinte ficha:
Nome
Enderezo
Teléfono
Actividade formativa solicitada
Prezos dos cursos: Existen cursos gratuítos e cursos de pago. O alumno solicitará a actividade formativa e informaráselle da dispoñibilidade de prazas, se o curso é gratuíto, ou ben do prezo, número de horas e módulos formativos do curso.