| THE
LONDON INSTITUTE naceu como academia de idiomas modernos no 1952. Os alumnos
eran estudiantes de náutica, comercio e bacharelato, aínda
que na maioría eran oficiais da armada española e do exército
que se preparaban para a obtención do Certificado de Suficiencia
da Idioma Inglesa nas súas respectivas armas, preparando tamén
un pequeno grupo o Ruso e o Francés.
En 1959 The London Institute abre a primeira escola
de secretariado bilingüe do norte de España. Eran tempos de
expansión industrial e os alumnos empregábanse na administración
e nas numerosas empresas locais e nacionais que solicitaban, principalmente,
secretarias ben preparadas. Ate hoxe en día coa formación
recibida neste centro, empregáronse centos de persoas en diferentes
empresas.
No 1981 a Escola Técnica de Secretariado e Idiomas Modernos, para
maior comodidade dos alumnos, trasladouse a uns locais máis amplos,
no centro da cidade, no número 72 da Avenida do Rei, de fácil
acceso, a 120 m. da Praza de España e a 100 m. das estacións
de ferrocarril e de autobuses.
|
 |