The London
Institute
Cursos Servicio Galego de
Colocación
Español para Estranxeiros Viaxes de Estudios The London Institute
Online
Inicio > Servicio Galego de Colocación
 
 
   
Demandas e ofertas de emprego. Centro asociado ó Servicio Galego de Colocación.

Este servicio diríxese ós desempregados ou persoas que soliciten mellora de emprego.

Para estar incluído na base de datos do Servicio Público de Emprego, de xeito que se poida participar automaticamente nas seleccións de persoal que fagan as empresas utilizando este servicio, é necesario introduci-lo seu currículum vitae.

O proceso é o seguinte:


Solicita-la alta no servicio a través do número de atención telefónica 902 123 123, pedindo como centro The London Institute.

Acudir ó centro o día establecido cos títulos, certificados de empresa e documentación relacionada para a alta do C.V., a unha entrevista personalizada co experto en orientación laboral do centro.

Proceso de orientación laboral: Realizados os pasos anteriores dende o centro, poñerase a disposición das empresas o C.V. do traballador, ofreceráseselle ós demandantes de emprego información do estado das ofertas e os cursos de formación nos que pode participar.

B.4. Seleccións de persoal para Empresas

The London Institute dispón dunha ampla base de datos con persoas que demandan emprego ou unha mellora do seu emprego, cunha información detallada do seu perfil curricular á disposición das empresas.

Se unha empresa precisa contratar traballadores ofrécese tamén persoal especializado en Selección de persoal, de xeito que se axude ás empresas a selecciona-lo persoal máis axeitado ás necesidades do posto de traballo ofertado.